
O mes de xaneiro e este inicio de febreiro foron intensos en Porto do Son en materia de limpeza e posta e punto de infraestruturas, equipamentos e vías.
Entre os traballos a realizar incluíuse, este mes de xaneiro, o acondicionamento da zona do Tendedeiro de Porto do Son.

Amais, Protección Civil do Concello realizou, na vila sonense, o baldeo das rúas Cinco Calles e Travesa, e dos canellóns Outonil e Dúas Saídas.

Previamente os efectivos municipais de Protección Civil realizaron traballos análogos de limpeza integral nas Laxieles, por unha banda, e na rúa Barlovento e no enlace do Mariño á Rambla (estes últimos traballos en Portosín).

A maiores, a pasada semana o Concello procedeu ao acondicionamento da contorna da fontes e do lavadoiro de Alboreda, en San Pedro de Muro.