En Boiro o Concello destinará o POS 2022 a seis obras e á redución da débeda

10 Febreiro 2022

Como informamos neste medio na mañá deste 10 de febreiro, o pleno ordinario do Concello de Boiro aprobou na tarde deste día 9 a participación no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único Concellos) POS+ 2022. Segundo confirmou o Goberno boirense, o importe total da achega provincial é de 849.100,97 euros, que se vai destinar á execución de seis obras é a redución da débeda.

Obras recentes na rúa nova de Boiro

Execución de beirarrúas e servizos (lado este) no lugar de Pedra da Bouza

Este proxecto, explicou o Concello, ten como finalidade a descrición da obra para a execución dunha beirarrúa no lugar de A Pedra da Bouza, na parroquia de Abanqueiro, seguindo o trazado das estradas existentes na DP-1106. Con ela pretendese dotar de seguridade viaria aos peóns que circulan entre o núcleo da Pedra e a estrada de Boiro a Abanqueiro, realizando unha canalización de pluviais e a execución das beirarrúas. O importe total da actuación é de 185.709,75 euros.

Mellora e reparación da pavimentación na vía Curvera-Mavi

Esta actuación pretende resolver o problema existente do pavimento na vía de conexión entre Curvera e Mavi, na parroquia de Castro en Cabo de Cruz, que, segundo informou o Concello, “presenta deficiencias debido ao seu deterioro”. O que se pretende é “a instalación dun novo pavimento que facilite o tránsito rodado de vehículos e a accesibilidade dos veciños do propio núcleo”. O orzamento total da actuación é de 74.469,99 euros.

Reforma e ampliación do hangar do Club de Piragüismo

O proxecto ten como obxectivo “a reforma e ampliación da nave que o club de piragüismo emprega para gardar as piraguas e que está situada no paseo marítimo de Barraña, a carón do edificio das Colonias de Praia Xardín”. O Concello engade que a disposición actual dos portalóns e a súa distribución interior “dificultan o manexo das embarcacións, polo se precisa unha reforma da nave existente que mellore as súas condicións de uso”. O importe total da actuación é de 65.140,86 euros.

Restauración de beirarrúa e continuidade de tramo existente na estrada AC-305

Este proxecto ten como finalidade a continuidade da beirarrúa existente no lado sur da AC-305 no lugar de Ponte Goiáns e, por outro lado, a restauración dun tramo de beirarrúa que da servizo peonil á estrada AC-305. O importe total da actuación é de 106.525,87 euros.

Urbanización na rúa Tenencia e Pesqueira

Con esta iniciativa executarase a urbanización dos tramos finais das rúas Tenencia e Pesqueira, cun pavimento similar ao do entorno e mellorando a rede de pluviais para garantir as condicións axeitadas nestas entornas urbanas. O orzamento total das actuacións é de 100.546,56 euros.

Plan Complementario

Para o Plan Complementario do ano 2022 o Concello de Boiro propón a seguinte actuación:

Beirarrúas e servizos dende Quinteiro a ferreiros (beira este)

Con este proxecto habilitaranse beirarrúas e servizos dende Quinteiro a Ferreiros pola beira este, na estrada DP-1106, co “obxectivo de mellorar as condicións de seguridade viaria e dotar á parroquia de redes separativas de pluviais e fecais, rede de calidade de subministro de auga para consumo e alumeado público que garanta unhas condicións axeitadas de seguridade viaria”. O orzamento total desta actuación é de 292.904,37 euros.

Ademais destes proxectos, o Concello de Boiro vai destinar un importe de 23.803,57 euros á redución da débeda.

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, falarán máis polo miúdo das actuacións este xoves día 10 de febreiro a partir das 13.30 horas na sala de comunicación do Concello de Boiro.

Obras recentes de mellora na avenida de Compostela

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.