Case 2 millóns ao sector do marisqueo para a rexeneración de zonas de traballo

05 Febreiro 2022

A Xunta de Galicia puxo ao dispor do marisqueo 1,9 millóns de euros para accións de rexeneración e repoboación dos bancos marisqueiros a través das convocatorias de 2022 de dúas liñas de axudas publicadas esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Tal e como recollen senllos informes analizados este xoves no Consello, unha das liñas de axuda é a destinada a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sostibles, que conta cun orzamento de 1,6 millóns de euroscofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

A segunda convocatoria de axudas, cun orzamento de 300.000 euros financiados con fondos propios da comunidade, é para proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción das especies obxectivo polo menos nos últimos 12 meses anteriores á data de solicitude.

Estas dúas liñas poden empregarse para paliar os efectos de episodios como temporais que poden debilitar o marisco e provocar certa mortalidade nos bancos.

O prazo de presentación das solicitudes a ambas as convocatorias é dun mes desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...