A Policía Nacional de Ribeira detén a un individuo por un roubo con forza en establecemento hostaleiro

04 Febreiro 2022
Comisaría da Policía Nacional en Ribeira

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira procederon á detención dun home de 46 anos de idade, como presunto autor dun delito de roubo con forza cometido nun establecemento de hostalaría. A detención levouse a cabo logo “dunha ardua investigación”, sinalaron fontes da Comisaría en Ribeira.

Segundo engadiron, o propietario do establecemento denunciou en dependencias policiais ser vítima dun roubo con forza no mesmo. Tras arrincar o enreixado que protexe unha xanela e forzala, accederon ao interior, forzando a máquina comecartos, da cal subtraeron certa cantidade de diñeiro. Así mesmo forzaron a máquina de tabaco, levándose varios paquetes. En ambos os casos causaron cuantiosos danos nas máquinas. Ademais, subtraeron varias botellas de bebidas alcohólicas e comestíbeis.

Ao detido cónstanlle numerosos antecedentes policiais, a maioría por delitos contra o patrimonio e contra as persoas.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, o detido é posto a disposición do Xulgado de Instrución número Uno de Ribeira, en funcións de garda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.