A hostalería e o lecer nocturno de Galicia recuperan os horarios prepandemia

11 Febreiro 2022


A Xunta de Galicia eliminará desde este sábado, 12 de febreiro, as restricións de horarios para hostalería e o lecer nocturno co que recuperarán as horas de peche de antes da pandemia, que se declarou en marzo de 2020.

Desta forma, desde os bares, ata os restaurantes e locais de lecer nocturno recuperarán o horario que recolla a súa licenza en cada un dos casos, segundo anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a decisión aprobada na reunión do seu Goberno este xoves e seguindo a decisión do comité clínico, dado que a evolución da pandemia é boa, “á baixa, lenta pero segura”.

Unha decisión que saúda o sector hostaleiro galego, aínda que “despois de dous anos” de pandemia, os profesionais prefiren ser cautos e esperar “a que salga no Diario Oficial de Galicia (DOG)”, para coñecer exactamente o alcance desa medida, segundo o presidente de Hostalería de Galicia, a organización que agrupa ás catro asociacións provinciais de hostalería e turismo galegas, Cheché Real

“Se aos poucos imos recuperando a normalidade a reacción non pode ser outra que a satisfacción”, dixo Real, aínda que o sector espera volver traballar máis pronto que tarde coas mesmas condicións que antes da pandemia, “en todos os sentidos”.

“A nosa aspiración é volver traballar ao 100 %, tal e como aparece reflectido nas nosas respectivas licenzas de actividade”, sinalou o presidente de Hostalería de Galicia, afirmando que “Estamos no noso dereito. É o noso dereito, recuperar a actividade que figura nas licenzas que nos outorgan os concellos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.