Un millón para a reordenación e humanización do porto de Palmeira

13 Xaneiro 2022

A actuación menor que se atopa en execución no peirao ten carácter provisional e busca analizar o comportamento desta zona portuaria que integra o uso profesional co desfrute por parte dos veciños e visitantes

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten previsto investir arredor dun millón de euros no porto de Palmeira, no municipio coruñés de Ribeira, na que será a primeira fase da súa remodelación para conectar o
núcleo costeiro co mar e eliminar as barreiras visuais que impiden gozar plenamente da paisaxe mariñeira. A presidenta do ente público, Susana Lenguas, visitou esta mañá a zona acompañada polo alcalde de Ribeira, co obxectivo de valorar in situ os traballos realizados e as posibles adaptacións ás demandas locais.
A presidenta reiterou ao alcalde que a actuación menor de ordenación da superficie portuaria que se está a executar nestes días ten carácter provisional á espera da contratación, proximamente, da primeira fase do proxecto global. Polo que respecta a dita actuación menor, trátase duns traballos puntuais para  distribuír espazos na  explanada portuaria ordenándoos segundo os usos: portuarios ou de tránsito peonil ou rodado. Así mesmo, preténdese poñer en valor a contorna natural e a integración paisaxística deste peirao histórico eliminando pantallas visuais que existían na actualidade e procurando a integración de actividades.
Neste sentido, a representante do ente dependente da Consellería do Mar explicou que os elementos instalados nesta obra menor buscan analizar o comportamento desta zona portuaria -que integra o uso profesional co desfrute por parte dos veciños e visitantes- son susceptibles de cambiar de lugar. Nesta liña, trasladou Susana Lenguas, poden realizarse modificacións atendendo tanto ás demandas do sector profesional do porto como dos veciños e ao estudo dos resultados acadados coa solución adoptada inicialmente.
Unha vez executada esta actuación provisional, Portos de Galicia continuará coa licitación da primeira fase, correspondente coa vía portuaria, cuxo orzamento ascende a máis dun millón de euros.
Esta proposta e o investimento previsto dan conta do compromiso do ente público co obxectivo de remodelar o paseo marítimo da localidade, humanizar as instalacións e achegar a vila ao mar para o desfrute de veciños e visitantes de xeito compatible coa actividade portuaria.
Para a  execución deste ambicioso obxectivo, baseado no anteproxecto integral da Fundación Ría e dirixido polo recoñecido arquitecto David Chipperfield, Portos de Galicia conta coa colaboración do Concello de Ribeira, co que o ente público asinou un convenio en virtude do cal a Administración local asumirá o mantemento unha vez rematados os traballos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.