Outes propón declarar espazo natural de interese local o Monte da Pena

28 Xaneiro 2022

O pleno da Corporación do Concello de Outes acordou iniciar o procedemento para solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a declaración do Monte da Pena como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Coa finalidade de que as persoas e entidades interesadas poidan presentar ante o Concello as suxestións e alegacións que xulguen oportunas, a Corporación decidiu expor ao público os detalles da dita proposta, á que se pode acceder nunha ligazón específica.

O Monte da Pena está situado na parroquia de Santo Ourente e salienta pola súa riqueza ambiental e paisaxística e por posuír unha destacada cantidade de rochas e penedos no seu cumio, ofrecendo salientábeis outeiros e miradoiros a diversa altura. Destacan os penedos do Alto das Sete Fontes, 402m; A Bella, 477m ou a Pedra da Pena, 503m.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.