Os socialistas ribeirenses preguntan polos bolardos e bancos de Palmeira

Os socialistas ribeirenses din que a través de medios se enteraron por medio dunha entrevista realizada ao Alcalde, que se asinara un convenio de colaboración con Portos de Galicia, citando as aportacións da Fundación Ria, dirixida polo arquitecto D. Chipperfield, cos que se acadara un consenso para a realización dun proxecto de Conservación, Mantenmento e Reparación do Porto de Palmeira.
As obras por un importe cercano o millón de euros iniciaríase este 2022 e estaría rematada o final do ano ou principio do próximo.

No comunicado o Psde G-Psoe di que a principios deste ano comenzaron a instalarse no Porto de Palmeira uns elementos disuasorios que delimitaban un serpenteante trazado a través do que sempre foi un espazo aberto de reunión, traballo, descanso e festa da parroquia de Palmeira.

Esta instalación suscitou o rexeitamento dos veciños que mostraron en concentración o día quince de xaneiro a súa desaprobación á obra.
Cabe lembrar que o Porto de Palmeira está catalogado como BIC. O Psde G- PSoe dindescoñecer se se solicitou a Patrimonio a autorización para calquera tipo de intervención. Ase mesmo din que leeron con sorpresa na prensa que a Fundación Ria, do D. Chipperfield, e aseguran que non saben nada da instalación realizada e que “A Fundación RIA considera que a obra de Palmeira é incoherente co seu anteproxecto”. Ase mesmo no comunicado os socialistas recollen que o Sr. Alcalde tampouco sabe nada e, declara á prensa que “Ao descontento dos veciños súmase o descontento do propio Concello de Ribeira, expresado polo seu alcalde, Manuel Ruiz”.

Ante esta situación os socialistas ribeirenses presentan a seguinte pregunta para ser respostada no seguinte Pleno Municipal:

Porque se indica por parte do Sr. Alcalde que as obras que se iniciaban no Porto de Palmeira eran produto dun consenso alcanzado con Portos de Galicia contando coas achegas da Fundación Ria e citando expresamente ao arquitecto David Chipperfield como inspirador das instalacións levadas a cabo no Porto, cando este asegura non ter nada que ver con tamaño despropósito.? Cal é o contido do Convenio Asinado entre o Concello de Ribeira e Portos de Galicia?

Leullo o Sr. Alcalde ou asinou sen coñecer o seu contido, directamente, porque o seu partido púxollo diante.?
Se llo leu, Por que nega ter coñecemento das actuacións para realizar, das que agora renega? Ou é que non estaban reflectidas no Convenio e Portos de Galicia actuou pola súa conta saltándollo de maneira premeditada.
Que actuacións vai realizar a Conselleria do Mar, por medio do seu titular, que tan a miúdo visítanos e que é a responsable ultima do Ente Portos de Galicia, respecto diso das obras efectuadas??
Vai desautorizar á Presidenta de Portos ou vai desautorizar ao Sr. Alcalde de Ribeira?

No caso de que, como esperan se retíren elementos disuasorios instalados, Canto tempo van tardar os habitantes de Palmeira en poder volver utilizar o espazo común do que levan gozando toda a vida?