Os socialistas de Ribeira requiren ao Concello a mellora do camiño público que une Os Paramos con Ameixida

03 Xaneiro 2022

O PSOE de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz José Manuel Vilas, presentou unha proposta para ser debatida en pleno relativa á necesidade de mellorar a vía pública (Camiño Veciñal 9007, polígono 17) que une os lugares de Os Paramos con Ameixida e que, segundo indica o grupo socialista, presenta firme en mal estado.

A proposta, que segundo os socialistas ten a súa orixe nas peticións veciñais, ten o obxectivo de reivindicar un camiño de importancia que achega importantes vantaxes de comunicación entre os dous núcleos citados, evitando ás veciñas e veciños dar rodeos para os seus desprazamentos.

“Dito tramo de camiño público”, explica o grupo, “presenta un acabado en terra, con irregulares no seu firme por descalces e insuficiente compactado; entre dous treitos de vía asfaltados, cara a Martín, e a Ameixida; tendo unha lonxitude duns 110 metros, cun ancho de calzada de cinco metros e cunha zona de actuación de 586 m2”.

En virtude de todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista PSdeG-PSOE, insta ao Pleno da Corporación municipal de Ribeira á adopción do seguinte acordo:

-Que por parte dos servizos técnicos do Concello se proceda a realizar un proxecto de pavimentado asfáltico, e dotación de servizos (se son necesarios), coa finalidade de acondicionar o tramo e así reforzar a rede de infraestruturas e comunicacións no municipio.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...