O reforzo da vacina covid para 30-39 anos en Galicia, a partir do día 19 de xaneiro

16 Xaneiro 2022


O día 19 de xaneiro, mércores, empeza en Galicia a vacinación con dose de reforzo para os menores de 39 anos da comunidade autónoma.

Van ser máis de 180.000 as persoas que van ser citadas para acudir entre o mércores e o domingo 23 a través de mensaxe de teléfono móbil para acudir aos centros de vacinación masiva a picarse.

Antes dese día está previsto que o Servizo Galego de Saude (SERGAS) termine coa dose de reforzo do covid para os maiores de 40 e coas primeiras picadas para os nenos de 5 e 6 anos que aínda quedan por poñer a vacina.

Os próximos 17 e 18 de xaneiro serán xornadas de repesca para vacinarse aquelas persoas que non o fixeron aínda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.