O PSOE de Ribeira propón dotar a Castiñeiras de conducións axeitadas para mellorar o servizo de auga

03 Xaneiro 2022

Os socialistas de Ribeira, a través do seu concelleiro José Manuel Suárez-Puerta, presentou unha proposta para ser debatida en pleno relacionada co servizo de auga no municipio, un servizo que segundo explica o PSOE debera estar a disposición de toda a cidadanía nas mellores condicións de uso e calidade pero que, no caso da parroquia de Castiñeiras, sinalan, esta máxima non se cumpre. De feito, a veciñanza do lugar “sofre con frecuencia carencias, cortes, falta de caudal, en definitiva, un servizo deficiente e de xeito evidente inadecuado”. Isto, engaden, “é debido ás infraestruturas de abastecemento, cunhas conducións de materiais obsoletos, seccións insuficientes e timbraxe non axeitada, que cumpriron con creces o seu período de vida útil, xa que foron deseñadas para condicións, tanto de presión como de caudal, moi diferentes ás actuais”.

Para o PSOE, a solución a estes problemas radica na instalación de conducións adecuadas, tanto en material, substituíndo o fibrocemento e a PVC por tubaxe de fundición dúctil, como na sección, trocando a variedade de diámetros actualmente existentes por un diámetro unificado de 200 mm., como na timbraxe, que actualmente é de 6 Atm, na súa maior parte, o que orixina as roturas continúas debido a sobrepresións e golpes de ariete, por tubaxes con timbre de 16 Atm”.

Esta solución, informa o grupo socialista, “proporcionaría caudal e presión suficientes a toda a zona costeira de Ribeira, así como ás zonas que tradicionalmente sofren os problemas, isto é Castiñeiras, Os Paramos, Fonterramil, A Fonteseca, A Aldea, etc, ademais de proporcionar auga á parroquia de Aguiño, sen necesidade de bombeo, o que abarataría os custos variábeis do servizo de augas e axudaría a reducir a pegada de carbono ao evitar o consumo de enerxía eléctrica.

A obra que propón o PSOE, a falta de que os técnicos elaboren un proxecto que detalle a idea suxerida, consiste na instalación de tubaxe de fundición dúctil de 200 mm. de diámetro desde o final da rede existente actualmente, á altura de Fontán, até o Colexio das Monxas de Castiñeiras, nunha primeira fase, continuando até entroncar coa rede principal de Aguiño, nunha segunda fase, o que completaría o anelado da rede en toda a zona costeira”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...