O PSOE de Ribeira solicita a adhesión do Concello ao Sistema VioGén contra a violencia de xénero

12 Xaneiro 2022

Os socialistas de Ribeira, a través do concelleiro José Manuel Suárez-Puerta Sirgado, presentaron ao pleno da Corporación unha pregunta relativa ao Sistema de Seguimento Integral de Violencia de Xénero, o Sistema VioGén, e o punto no que se atopa o Concello ante unha adhesión ao sistema que o grupo do PSOE local considera “unha necesidade”.

Segundo lembra a agrupación, VioGén foi posto en marcha pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior o 26 de xullo do 2007, en cumprimento do establecido na Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, sendo os seus obxectivos aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias na materia (Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local, Autoridade Xudicial e Autoridade Local, por medio de Servizos Sociais), integrar toda a información de interese que se estime necesaria (buscando unha maior efectividade e optimización dos recursos existentes), facer predición do risco e realizar seguimento e protección ás vítimas en todo o territorio nacional e efectuar un labor preventivo (emitindo avisos, alertas e alarmas, a través do Subsistema de Notificacións Automatizadas, cando se detecte algunha incidencia ou acontecemento que poida poñer en perigo a integridade da vítima).

O grupo lembra “que o Concello de Ribeira non pertence nestes intres ao Sistema VioGén, sendo, con todo, pioneiro na obtención e posta en funcionamento dun PEF (Punto de Encontro Familiar) solicitado polo Grupo Municipal Socialista e que se atopa situado nas proximidades da nova Comisaria de Policía”, sinalan, engadindo que baixo o seu punto de vista “semella razoábel pensar que para optimizar os recursos e compartir a información existente sería de desexar a integración no antes citado Sistema VioGén”.

Por todo o exposto, os socialistas preguntarán ao equipo de Goberno local se ten previsto solicitar a adhesión do Concello de Ribeira ao Sistema VioGén.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...