No Son, os Reis Magos percorrerán a avenida de Galicia a partir das 18.10 horas

04 Xaneiro 2022

Os Reis Magos son os grandes protagonistas, xunto coa rapazada, deste 5 de xaneiro na nosa comarca. En Porto do Son a estadía das Súas Maxestades comezará a primeira hora da mañá, arredor das 10.00 horas na parroquia de Miñortos, a carón da igrexa. A partir de aí iniciarase un percorrido por todos os recunchos do termo municipal co fin de achegar a todas as crianzas a posibilidade de celebrar con elas a festividade, ao tempo que se contribúe a crear grupos reducidos e se evitan desprazamentos. As Súas Maxestades virán acompañadas da ruada Fantasía Iluminada. O momento álxido da súa visita será a partir das 18.10 horas, intre a partir do cal percorrerán a avenida de Galicia de Porto do Son acompañados da ruada Fantasía Iluminada. Unha vez rematado o desfile, os Reis Magos recibirán no secadeiro á rapazada da vila.

A continuación damos conta do plan da visita real:
✨ #Miñortos / Igrexa >>> 10:00h – 10:20h
✨ #Portosín / Praza do Curro >>> 10:35h – 11:00h
✨ #Nebra / Colexio 11:30h – 12:00h
✨ #Noal / Fronte á fonte de Cabanela >>> 12:20h – 12:40h
✨ #Baroña / Bar 85 >>> 13:00h – 13:15h
✨ #Queiruga / Casa da Cultura >>> 13:30h – 14:00h
✨ #Caamaño / Casa da Cultura >>> 16:00h – 16:30h
✨ #Xuño / Casa da Cultura >>> 16:45h – 17:10h
✨ #SanPedro / Casa da Cultura >>> 17:25h – 17:50h
✨ #PortoDoSon / Comezo da ruada ás 18:10h

O Concello engadiu que “debido á estrutura do vehículo, só se realizarán paradas nos puntos de encontro indicados”.
Amais, as nenas e os nenos que o desexen poden entregarlle as súas cartas nos puntos de encontro establecidos.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...