Licitados en Ribeira os servizos de mantemento e mellora de vías e espazos públicos

10 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira vén de licitar unha nova iniciativa dirixida a destinar 400.000 euros a servizos de reparación, mantemento, acondicionamento e melloras de vías e espazos de uso público situados no termo municipal de Ribeira.

Obras recentes na estrada da Mámoa, en Ribeira

De acordo coas cláusulas da licitación, inclúense os seguintes tipos de actuacións:

• Servizos de mantemento e reparacións: conxunto de traballos de conservación preventiva e correctiva necesarios para manter as vías e espazos públicos aptos para a súa utilización, en condicións de seguridade e comodidade para os usuarios. Poderán ser:

◦ A.1 Programados: refírense a actuacións de conservación, reparación e reposición planificadas por parte dos Servizos Técnicos do Concello de Ribeira.

◦ A.2 De acción inmediata: trátase de actuacións imprevistas, de ámbito puntual e de carácter urxente, que por razóns de seguridade e/ou funcionalidade deben ser reparadas no menor espazo de tempo posíbel.

• Obras de renovación ou mellora: refírese a pequenas obras que teñan por obxecto a reforma, renovación ou mellora dos espazos públicos.

• Actuacións en circunstancias excepcionais e de emerxencia: no caso de que se produza unha situación excepcional (inundacións, corrementos de terras, afundimentos, fochas, etc.) o adxudicatario deberá poñer ao dispor do Concello os medios persoais e materiais asociados a este contrato

Segundo informa o Goberno local, a finalidade perseguida con este proxecto é “manter en óptimo estado os espazos públicos municipais, proporcionando unha maior seguridade no uso, así como prolongar a vida útil das zonas sobre as que se actúa”.

A natureza das obras para realizar será en xeral de pequena envergadura, e será múltiple en canto ao número e á localización, non existindo unha oferta fixa de traballo, dado que se irán demandando en función das necesidades do Concello de Ribeira.

Cítase a continuación, a título orientativo e con carácter non excluínte, os elementos sobre os que estará obrigado a actuar o adxudicatario:

• Pavimentos de calzadas, beirarrúas, prazas, parques e demais espazos públicos destinados ao tránsito de vehículos e persoas, sexa cal for o seu material construtivo.

• Bordos e rigolas en todo tipo de calzadas e beirarrúas.

• Mobiliario urbano (papeleiras, bancos, bolardos, varanda, etc.)

• Elementos de drenaxe superficial (reixas, cunetas, canlóns, etc.), sempre que non estean mantidos por outras empresas

• Muros e muretes de contención ou de peche

• Escalinatas, ramplas, plataformas, vaos e pasarelas

• Pozos e arquetas de servizos municipais (non mantidos por outras empresas)

• Sinalización horizontal, vertical, balizamento e defensas

• Calquera reparación no espazo público dentro dos límites fixados neste prego

A duración do contrato é de dous anos ou ata alcanzar a contía máxima.

As empresas interesadas dispoñen ata o 4 de febreiro de 2022 á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.