Iniciado o expediente de contratación para instalar unha rede de pluviais na rúa Sidreiras, en Ribeira

05 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira informou do inicio do expediente de contratación para licitar unha nova actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais na rúa Sidreiras e a súa vía transversal.

Segundo informou o Goberno local, esta actuación é necesaria porque en caso de chuvia de certa intensidade, pola superficie da rúa Sidreiras discorre gran cantidade de auga que dificulta o tránsito pola vía e afecta ás vivendas próximas. Para solucionar este problema proxectouse a instalación dunha liña de pluviais que recolla as augas superficiais e as conduza mediante dúas tubaxes cara un rego existente e cara a rede xeral situada na avenida da Coruña.

A este respecto, nun primeiro ramal que descorre pola rúa Sidreiras e a súa transversal vaise instalar unha tubaxe de polipropileno de 80 centímetros de diámetro, en tanto que nun segundo ramal da rúa Sidreiras colocarase outro de PVC de 40 centímetros de diámetro.

A actuación un prezo de licitación de 100.284,34 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...