En Ribeira arrancan as obras para mellorar a accesibilidade na rúa Romero Ortíz

24 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira informa de que esta mañá deron inicio as obras da rúa Romero Ortiz para mellorar a súa accesibilidade a través da colocación dunha plataforma única, de tal xeito que vehículos e peóns circulen por unha
mesma cota, pero con zonas diferenciadas, mellorando e ensanchando as áreas de tránsito peonil.
Os traballos, que comportan un investimento de 119.790 euros, IVE incluído e forman parte do POS+ adicional 2/2020, van ser executados por Construcciones Anspal, S.L. Substituirase o aglomerado da calzada por pavimento de formigón semipulido no que se intercalarán franxas transversais de lousas de granito. A delimitación entre o pavimento de formigón da calzada e a pedra das beirarrúas terá lugar mediante bordillos de granito.
A obra abrangue dende a confluencia desta rúa co Malecón ata máis aló da rúa Cervantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.