En Porto do Son os investimentos ascenden para este ano nun 60%

18 Xaneiro 2022

A Corporación do Concello de Porto do Son aprobou en pleno os orzamentos municipais para este ano. Fíxoo cos votos a favor do grupo de Goberno, o Partido Popular, e coa abstención do PSOE e máis do BNG. O importe exacto dos orzamentos é de 10.213.573 €, o que representa un medre do 15 % con respecto ao aprobado en 2021, que foi de 1.302.981 euros. A suba debeuse sobre todo ao incremento previsto nas transferencias de capital dende outras administracións.

Polo que atinxe ao gasto social, os orzamentos proseguen na tónica ascendente dos anos previos (en 2021 medrou nun 40%), cunha suba do 10%.

No que respecta aos investimentos, superan os 3,5 millóns (un 35% do orzamento, ou sexa, un 60% máis ca no exercicio anterior). Estes serían, por importancia orzamentaria, algunhas das iniciativas máis destacadas: o proxecto de eficiencia enerxética do alumeado público (562.936 €); a reforma e ampliación da zona de xogos infantís no parque de Porto do Son (339.584 €); o acondicionamento de pistas municipais (300.000 €); a humanizacion dos rueiros de Nebra (201.036 €); a mellora do borde da praia de Porto do Son (229.889 €); ou o saneamento en Mantoño-Goiáns (193.328 €).

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.