En Aguiño presentada á veciñanza a remodelación da fronte marítima

10 Xaneiro 2022

‘Máis Riveira Atlántica’, cofinanciada nun 80% con fondos europeos FEDER Santa Uxía de Ribeira, 10 de xaneiro de 2022.- Cadrando coa reunión de coordinación que cada dous luns mantén o Goberno Local na Aula de Música de Aguiño, os membros do Executivo aproveitaron para presentar en acto público o proxecto dirixido a remodelación integral da fronte marítima da localidade, que actualmente se atopa en período de presentación de ofertas.
Foi o alcalde Manuel Ruiz quen explicou ante medio cento de asistentes as características desta intervención, que supón un investimento de 997.419,75€, financiados no marco da EDUSI ‘Máis Ribeira Atlántica’, programa financiado polo fondo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.
A área de actuación abrangue entre a punta do Laño (xunto á antiga depuradora de Demarsa) e o cruce da rúa Castelao coa estrada xeral que vai a Castiñeiras, incluíndo entre outras accions a instalación en Transporto dun circuíto de Pump Track/ Skate e outro de calistenia, a remodelación da zona de entrada ao porto cunha rotonda de acceso e a reubicación de áreas verdes e prazas de aparcamento, a humanización da rúa Castelao coa ampliación de beirarrúas, a creación dun carril bici e un pequeno miradoiro, ou a separación de pluviais e fecais.
As empresas interesadas dispoñen ata o 28 de xaneiro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación
Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.