Declaración dos Grupos da Corporación de Rianxo xunto o sector mexilloeiro

14 Xaneiro 2022

DECLARACION:

OS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN DE RIANXO XUNTO O SECTOR MEXILLOEIRO DO
CONCELLO DE RIANXO, AO AMPARO DA VIXENTE LEXISLACIÓN SOMETE Á CONSIDERACIÓN DO
PLENO, PARA O SEU DEBATE E APROBACIÓN. A DECLARACIÓN DE APOIO AO SECTOR E Á
DERROGACIÓN DO ARTICULO 13.2 DO DECRETO 153/2019 POLO QUE SE REGULA A
CONSERVACIÓN E EXPLOTACIÓN DOS RECURSOS MARISQUEIROS E DAS ALGAS.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


No decorrer das últimas campañas de recolección de mexilla, “materia prima indispensable e
insubstituíble para obter o mexillón adulto destinado a alimentación da poboación”, asistimos a
accións claramente encamiñadas a restrinxir, cada día máis, as zonas idóneas e accesibles onde os titulares
das bateas poden obter, co seu arduo e perigoso traballo, a cría de mexillón que servirá de base para a
respectiva campaña.
Recalcamos neste punto o desexo unánime deste sector de deixar inequivocamente fora de esta declaración,
consideracións persoais, políticas e/ou burocráticas pois, estamos fronte a un problema que pode
representar unha sentencia de inoperabilidade e insostenibilidade de todo o sector pola aprobación de
normas que, no noso entender aprobáronse de costas aos máis prexudicados e sen ponderar
adecuadamente o dano económico e social que se pode causar a todo un sector que produce Mexillón de
óptima calidade nas máis de 3.000 bateas existentes en Galicia.
Máis de 70 anos pasaron xa, desde o comezo desta actividade mexilloeira e, nunca se produciron ataques
tan letais ao sector, baseados en presuntos estudos de conservación e explotación dos recursos. Todos
temos o dereito a vivir dos nosos recursos naturais, con responsabilidade e acatando as normas que entre
todos poidamos darnos para unha explotación respectuosa e sostible dos mesmos.
Cando un bateeiro precisa colleitar mexilla para a súa batea, é exclusivamente ese o traballo que vai realizar
nas rochas, e non ten ningún interese, como se pretende transmitir á cidadanía desde núcleos interesados,
en extraer e destruír outros recursos naturais, e incluso o propio medio do que dependen para a súa
subsistencia.
Esta procura de cría de mexillón xa foi levada a cabo polos nosos avós, logo polos nosos pais, agora por
nos, e debe ser viable para os nosos fillos e netos.
Como en todo grupo de seres humans, sempre atoparemos minúsculos núcleos que pretendan transgredir a
normativa establecida, iso pasa en calquera ámbito human que analicemos, e para iso existen as leis que
deben ser aplicadas, por quen corresponda, con contundencia e exemplaridade.
Entendemos que poida resultar apetecible para o sector percebeiro o feito de poder engadir á súa cesta de
produtos dispoñibles a mexilla a cal, pasaría a ser da súa propiedade tendo en conta que aos mexilloeiros
non se lle permitiría traballar nas zonas que eles si terían accesibles, pero, é que historicamente falando, a
mexilla é dos mexilloeiros, así como o percebe e dos percebeiros e,ningunha empresa, e menos ningún
sector económico no seu conxunto pode permitir que a súa subsistencia e viabilidade se encontre en mans
de terceiros alleos, cuxo único fin sería vender o produto ao mellor ofertante, sen mais consideracións de
ningún tipo.
Por todo isto, entendemos que é a nosa responsabilidade pedir a quen teña a potestade de ditar normas
neste sector que se revisen os últimos pasos dados e se volte á orixe onde todos convivamos e nos
respectemos os uns aos outros e, cada quen, co seu traballo logre contribuír ao engrandecimiento das nosas
respectivas común idades.
Por todo o exposto, os grupos políticos da Corporación de Rianxo e o Sector Mexilloeiro de Rianxo aproban a
seguinte declaración:

  1. Pedir a retirada por parte da consellería do Mar da normativa recentemente aprobada, especificamente o
    Artigo 13.2 do Decreto polo cal se regula o Réxime de Conservación e Explotación dos recursos
    marisqueiros e das Algas por consideralo letal para o sector mexilloeiro.
  2. Solicitar que, unha vez sexa atendido o contido do punto anterior, a Consellería do Mar da Xunta de

Galicia convoque aos interlocutores válidos do sector mexilloeiro para analizar a situación creada por mor
dos cambios realizados na normativa de extracción de mexilla e tentar crear, entre todos, un punto de
encontro respectuoso e sostible para garantir con xustiza e equidade a viabilidade e sustentabilidade dos
intereses de tódolos afectados.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...