Costas confirmou a adxudicación do proxecto de derrube do Colexio de Portosín

23 Xaneiro 2022

A recuperación da contorna da praia da Coira ocupada polo actual Colexio de Portosín vén de dar novos avances cara a súa materialización. O pasado xoves 20 de xaneiro a zona foi visitada polo xefe da Demarcación de Costas do Estado, Rafael Eimil, quen lembrou na compaña do alcalde Luis Oujo, que xa foi adxudicada a redacción do proxecto para a demolición do centro docente, un proceso que lle compete ao dito departamento do Goberno.

O rexedor e o xefe da Demarcación de Costas fixaron os prazos do proceso, un proxecto no que teñen parte activa tres administracións (Costas do Estado, a Xunta e o Concello). Na folla de ruta inclúese dar luz verde ao plan especial de infraestruturas e dotacións, co que o Concello obterá vía libre para a adquisición da superficie que ocupará o novo colexio, antes de que remate o verán, con vistas a que estea habilitado no curso académico 2023-2024.

Pola súa banda, a demolición do inmóbel antigo, o de Coira, dará comezo durante o ano 2023. A previsión é que as obras duren uns nove meses.

Na xuntanza do xoves 20 tamén se fixo saber que a superficie que quedará libre trala demolición do dito previa acubillará unha área de lecer, que incluirá un novo parque infantil que achegue unha alternativa máis ampla e soleada ao existente na actualidade no centro da vila. Oujo lembrou que se trata da resposta a unha demanda veciñal que vén de antigo, pero á que non puido darse resposta cumpridamente até o de agora ante a inexistencia dun predio que achegase as características requiridas.

6.600 metros cadrados

Volvendo ao novo centro docente proxectado, contará cunha área dispoñíbel de máis de 6.600 metros cadrados, dos que a edificación en si mesma ocupará 2.666 metros cadrados, complementándose con trinta prazas de estacionamento interior. Disporá de dous andares, con tres unidades de Infantil e seis de Primaria, amais de comedor, pista cuberta, ximnasio, biblioteca e outras estancias. Amais, a nivel de deseño e construción, o inmóbel que substituirá ao edificio emprazado durante anos a carón da praia de Coira será o segundo da nosa Comunidade construído integramente segundo o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica (tras o novo colexio de Milladoiro, Ames), a folla de ruta do Goberno galego para o deseño dos centros educativos post-COVID, un modelo que aposta de cheo pola amplitude de espazos, a integración na contorna, a accesibilidade e a versatilidade (veñen preparados para dar resposta ás necesidades do ensino das vindeiras décadas). Dará resposta a unha poboación escolar de 900 alumnas e alumnos, sendo a previsión de que estea rematado ao longo do curso 2023/2024.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...