Chega o anteproxecto da nova lei de pesca sustentable

14 Xaneiro 2022

Antón Luaces – O vindeiro venres, 15 de xaneiro, sairá a consulta pública -na web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación- o anteproxecto da nova Lei de Pesca Sustentable e Investigación Pesqueira que está previsto entre nas Cortes no segundo período de sesións deste ano. Cúmprese deste xeito o anunciado en Celeiro (Lugo) polo ministro de  Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. 

A xestión de cotas será a prioridade do Goberno central  en 2022 no marco dunha Lei  que, entre outras cousas, tenta mellorar a xestión das cotas de pesca acadadas por España. O texto irá a Consello de Ministros en febreiro, e no segundo semestre entrará nas Cortes para a súa tramitación. Previamente e xa a partir do mesmo día 15, abrirase unha consulta pública de 15 días.

Segundo dixo en Celeiro o ministro Planas, o sector “terá ocasión de participar” na redacción da devandita lei, ao igual cas Comunidades  Autónomas “particularmente a Xunta de Galicia” pola gran concentración deste sector en diversas zonas litorais galegas, co emprego e a actividade económica moi vencellados ao seu mantemento.

Conxugar a necesaria protección medioambiental coa imprescindible sostibilidade económica e social son algúns dos fins deste novo mecanismo de regulación do ámbito pesqueiro, xunto con facilitar a planificación empresarial no sector e clarificar os requisitos para accederen  aos recursos pesqueiros. 

Introducirá novidades noutros ámbitos como na regulación da pesca de recreo ou no aproveitamento dos recursos mariños vivos para acceder ao seu material xenético. No apartado social o anteproxecto de lei tenta compatibilizar o dereito dos profesionais do sector a explotar os recursos e a obriga do Estado de garantir a protección ambiental. Esta norma forma parte do anunciado paquete lexislativo para os vindeiros anos que renovará após 20 anos da Lei de Pesca de 2001. Haberá, amas, outros dous proxectos de lei: unha norma de inspección e control – en liña co regulamento que se está a discutir na UE- e outra de dixitalización e comercialización de produtos  pesqueiros básico para  cooperar con comunidades no reparto de competencias. O sector pesqueiro español conta cunha frota de 9.000 barcos, a maioría deles con base en portos de Galicia.

Outros artigos

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.