Servizos Sociais de Ribeira destina outros 34.000 euros a axudas para comedores, libros e material escolar

07 Decembro 2021

No pasado mes de setembro o Concello de Ribeira abriu unha convocatoria de axudas para comedores, libros e material escolar para o curso 2021-2022 por unha contía global de 40.000 euros. Ante a avalancha de solicitudes
recibida, que ocasionou que moitas delas quedaran fóra pese a cumprir os requisitos porque se esgotou o crédito orzamentario, a Concellería de Servizos Sociais decidiu destinar outros 34.451 euros a satisfacer tales peticións.
Así o anunciou o Concello no Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe, onde se recorda que estas axudas están dirixidas a alumnados e alumnas matriculados en centros docentes públicos e concertados que estean en segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, con domicilio no concello de Ribeira. Dos 34.451 euros habilitados, 2.100 estarán destinados á adquisición de libros e material e 32.351 a comedores escolares.
Non se abre un novo prazo de presentación de solicitudes senón que se atenderán as solicitudes presentadas na primeira convocatoria de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.