Servizos Sociais de Boiro atendeu a máis de 3.400 persoas en 2021 a través dos seus distintos programas

30 Decembro 2021

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro fixo balance do traballo desenvolvido ao longo deste ano 2021 que estamos a piques de rematar, un ano no que intensificou a actividade con respecto ao período previo, en parte grazas á axuda da Deputación da Coruña a través do programa FOPPSS e do Plan Concertado da Consellería de Política Social. En 2021, a área de Servizos Sociais de Boiro atendeu a máis de 3.400 usuarios e usuarias a través dos distintos programas levados a cabo.

Entre os programas que contaron cun maior número de usuarios están os relacionados coa dependencia, por exemplo axuda a domicilio, teleasistencia, centro de día ou residencia… seguido dos trámites relacionados con discapacidade.

O departamento de Servizos Sociais, ao longo do ano, atendeu tamén numerosas consultas relacionadas coa Renda de Inclusión social de Galicia (RISGA) e axudas de emerxencia, así como trámites de pensións non contributivas e todos aqueles procedementos relacionados coa familia ou infancia e tamén estranxeiría e maiores.

O departamento conta con tres traballadoras sociais, dúas administrativas, unha a tempo completo e outra parcial, e unha educadora familiar.

“Contar cuns Servizos Sociais públicos e de calidade é fundamental para un municipio e dende Boiro traballamos para mellorar cada ano a atención á veciñanza que o precisa”, sinalou o edil Raúl Treus dende o Concello.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...