Os nenos galegos de 9, 8 e 7 anos vacinaranse a partir do “4 ou 5 de xaneiro”

19 Decembro 2021

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, dispensará a partir dos días “4 ou 5 de xaneiro”, en función da chegada das doses, unhas 37.000 vacinas a nenos e nenas de 9, 8 e 7 anos.
Así o avanzou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quen sinalou que se prevé que o día 3 cheguen a Galicia outras 37.000 vacinas. A elas, dixo, sumaranse outras 37.000 a segunda semana de xaneiro.

En declaracións aos medios tras participar nun acto en Santiago, o máximo mandatario autonómico destacou que a Xunta tamén ofrecerá a partir deste luns, día 20 de decembro, as doses coas que aínda conta tras vacinar nas últimas xornadas ao 87% dos nenos e nenas de entre 11, 10 e 9 anos citados.

Precisamente, o presidente destacou que a porcentaxe de vacinación nesta franxa de idade “é moi alto” por ou que agradeceu aos pais e nais “a súa responsabilidade” e aos menores “a súa colaboración”.

Ademais, sostivo que “sería bo” que Galicia puidese contar con “máis dose” de aquí ao día 10 de xaneiro para poder “ofrecer unha dose a todos os nenos e nenas de 11 a 5 anos”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.