O Portus Apostoli segue a ritmo de cruceiro contra o Barça “B” (2-5)

13 Decembro 2021


O partido do Noia Portus Apostoli FS en Barcelona comezou moito antes de que empezase a rodar o balón, este sábado 11 ás 16:00 horas. Fíxoo cando a COVID-19 golpeou o pasado mércores por primeira vez ao club en ano e medio. Con todo, ante a incerteza e a adversidade, este equipo volveu mostrar o seu mellor cara para seguir lembrando quen manda na táboa da Segunda División.

O partido non comezou da mellor maneira, xa que foron os locais quenes tentaron impor seu ritmo e ocasións, pero a contundencia dos noieses volveu a ser incuestionable. Altamirano no minuto 12, e Bruno Gomes un minuto máis tarde
poñçian en vantaxe aos visitantes. A falta de 4 minutos para o final da primeira metade Edu Jabá anotaba o 0-3. Sen embargo, Víctor Pérez no último minuto do primeiro período daba vida aos cataláns.
Logo do paso polos vestiarios a historia repetiuse, e un gran inicio supuxo sentenciar o encontro definitivamente. Lluc no 24 e Jabá no 25 deixaban o partido co marcador de 1-5. A falta de cinco muntuos Campás maquillaba o marcador co definitivo 2-5.

Os noieses recibirán a próxima semana ao Visit Calvià Hidrobal, no que será a 17ª e última xornada da primeira volta, aínda co choque contra o Real Betis FS “ B” da xornada 15 pendente de data. O Portus Apostoli marcha líder en solitario con sete puntos de vantaxe sobre seu perseguidor, o Peñíscola.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.