O Consello local de Pesca apoia aos pósitos de Ribeira e Aguiño e apela ao diálogo

22 Decembro 2021

Grupos municipais da Corporación, sindicatos e Asociación de Empresarios reunidos no día de hoxe no Consello Sectorial de Pesca manifestaron o seu apoio ás Confrarías de Ribeira e Aguiño, tamén presentes na reunión por
medio dos seus respectivos patróns maiores, en relación á discrepancia existente nestes momentos co sector bateeiro sobre a compatibilidade da extracción do percebe e a cría da mexilla.
Así mesmo, o Consello Sectorial aprobou demandar o establecemento dun proceso de negociación e diálogo no que se procuren fórmulas para que ambos colectivos poidan desenvolver a súa tarefa extractiva con compatibilidade e observancia mutua cara a sostibilidade da actividade dos percebeiros e bateeiros.
Ao fío disto, os representantes das confrarías mostráronse proclives a resolver esta situación de discrepancia por medio de negociacións, que xa se intentaron en novembro e decembro de 2020, pero na que ao seu xuízo “non caben nin desplantes nin coaccións”, xa que se debe respecto ás confrarías e ás súas federación en canto representan a un sector clave para Galicia como é a frota de baixura e litoral e ao marisqueo, que facturan máis de 119 millóns de euros
realizando unha actividade plenamente sostible tal é como acredita a Sustainable Fisheries Partnership cando apunta que Galicia é exemplar en pesca artesanal e que formula un modelo exportable a todo o mundo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.