Novo impulso á rehabilitación dos centros históricos de Rianxo e Noia

05 Decembro 2021

Este 2 de decembro a Cidade da Cultura de Galicia (Santiago) acolleu a sinatura dun novo convenio para fomentar e impulsar a recuperación arquitectónica e urbanística das zonas históricas das nosas vilas e cidades. A cita contou coa presenza da ministra de Transportes e Mobilidade, Raquel Sánchez, da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, do director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Francisco Javier Martín, e dos alcaldes de 22 concellos galegos.

No caso da nosa comarca, incluíronse no reparto as Áreas de Rehabilitación Integral (ARIs) de Rianxo e Noia. En total, distribuiranse 10,2 millóns de euros.

No caso de Rianxo, deuse un novo empuxe á ARI local, que abrangue o centro histórico de Rianxo e os núcleos de Fincheira e Rianxiño. Formalizáronse seis novas actuacións no concello a financiar en vivendas. O importe total desta anualidade son 166.494,83 euros dos que o Estado achega 53.000 €, a Xunta 13.695 €, o Concello 39.799,83 € e os particulares beneficiarios das axudas 60.000 euros.

No caso de Noia, o Concello comunicou que aportará máis de 73.000 € para estas axudas.

Axudas a particulares e tamén para os concellos

Á contía mobilizada xa en Galicia desde a posta en marcha do programa súmanse agora os 10,2 millóns de euros que achegarán a Xunta e o Goberno central en virtude dos convenios asinados e co fin de financiar actuacións en 40 ARI galegas.

En concreto, dos 22 municipios beneficiados nesta última convocatoria, seis pertencen á provincia da Coruña —Ferrol, Mugardos, Corcubión, Noia, Rianxo e Santiago de Compostela—; nove á de Lugo —Castro de Rei, Chantada, Guitiriz, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Quiroga, Ribadeo e Sober—; tres son de Ourense —Castro Caldelas, Ourense e Ribadavia—; e catro de Pontevedra —Caldas de Reis, Pontevedra, Tui e Vigo—.

Unha vez asinados os convenios específicos con cada un dos concellos, serán agora as propias Administracións locais as que procedan a convocar as axudas, ás que poderán optar os propietarios de vivendas e edificios a rehabilitar con fins residenciais dentro de cada ARI. O importe máximo destas subvencións, que se poderán executar ata o ano 2025, é de 24.000 euros por vivenda.

Ademais, os concellos recibirán tamén axudas para executar pola súa conta actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da Área de rehabilitación integral, cun importe de ata 2.000 euros por vivenda rehabilitada; así como financiamento para sufragar os custos da oficina municipal de rehabilitación.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.