En Ribeira, aprobado o expediente para adicar 400.000 euros ao mantemento de vías e espazos de uso público

28 Decembro 2021

O Concello de Ribeira vén de aprobar un novo expediente de contratación co obxecto de sacar a licitación o fornecemento de servizos de reparación, mantemento, acondicionamento e melloras de vías e espazos de uso público situados no termo municipal. Para esta iniciativa destinarase unha contía de 400.000 euros (IVE incluído).

Con este contrato, que terá unha duración de dous anos, preténdese “financiar a execución de pequenos traballos de conservación e reparación en infraestruturas públicas e outros arranxos demandados polos veciños que non sempre poden ser atendidos de forma inmediata ante a elevada carga de traballo da brigada municipal de obras”, informou o Concello.

Traballos despregados estes días na Mámoa, en Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.