En Ribeira adxudicados o proxecto de expropiación e os servizos de arqueoloxía do novo polígono

08 Decembro 2021

O Concello de Ribeira informa da adxudicación e formalización do proxecto de expropiación e os servizos de arqueoloxía do novo polígono de Ribeira, que se corresponden cos lotes 1 e 2 da licitación do servizo de planeamento necesario para a execución desta área industrial de 258.000 metros cadrados situada no contorno de Fontenla e Areas
Vermellas, na parroquia de Ribeira.
Polo que respecta ao proxecto de urbanización, a adxudicación recaeu na entidade Fernández Carballada y Asociados, S.L.P., conforme a unha proposta de 43.560 euros, IVE incluído, en tanto que a execución dos servizos de arqueoloxía recaeron na empresa Árbore Sociedade Cooperativa Galega por 26.194 euros.
Xa que logo, unicamente está pendente de adxudicación o lote 3, que se corresponde coa redacción do proxecto de urbanización cun prezo inicial de licitación de 173.030 euros e no que a primeira clasificada resultou Monsa Urbanismo S.L. de entre as catro ofertas presentadas.
Cómpre lembrar que paralelamente se estiveron a dar outros pasos encamiñados a materialización do polígono. Así, no pleno celebrado o pasado mércores 1 de setembro aprobou a concertación dunha operación de préstamo a longo prazo de 1,2 millóns de euros co propósito de financiar a expropiación dos terreos para o novo polígono.
Ademais, o 23 de novembro no Diario Oficial de Galicia se anunciaba pola Xunta a aprobación definitiva da modificación puntual Plan Xeral que facía posible a creación desta zona industrial logo de preto de catro anos de informes e trámites.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.