En marcha os traballos de ampliación da Aula de Música de Aguiño coa colocación dunha edificación sostible

09 Decembro 2021

O Concello de Ribeira informa de que no transcurso da xornada de hoxe estanse a efectuar os traballos de transporte e colocación da edificación sostible que serverá para ampliar a Aula de Música de Aguiño.
Esta estrutura prefabricada, que ten unha superficie de 64 metros cadrados, foi construída pola firma Oxyl Arquitectura de Corrubedo.
Será destinada a realizar actividades complementarias das que se adoitan dar nesta instalación municipal, tales como poden ser obradoiros de memoria e outros.
O Concello conta coa axuda da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o financiamento da actuación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...