En Corrubedo arranca a renovación de Servizos e pavimento da rúa e travesia Falcato

17 Decembro 2021

O Concello de Ribeira informa de que esta mañá arrancaron as obras para renovar os servizos e a pavimentación da rúa Falcato e da travesía do mesmo nome, ambas situadas na localidade de Corrubedo.
Os traballos están sendo executados pola empresa Construcciones Anspal, S.L., conforme a unha oferta económica de 53.845 euros, IVE incluído.
Os servizos de augas e saneamento nesta zona son antigos e rexistran avarías frecuentes, en tanto que o pavimento de formigón se atopa en mal estado. Coa fin de solucionar estas eivas vaise executar un proxecto que inclúe, en canto a instalacións, as seguintes accións:
 Disposición polo centro da calzada dun colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro para canalizar as
augas pluviais, ademais de construír arquetas de sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado, ademais de
acometidas de pluviais nas vivendas existentes.
 Para saneamentos, instalación dun colector de PVC liso de 315 milímetros de diámetros, así como a realización de acometidas domiciliarias e pozos de rexistro.
No que atinxe a pavimentos vaise empregar pavimento de formigón de 15 centímetros de espesor, intercalado con franxas de lousas de granito con dimensións 60x40x8 cm.
O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

Está visto: seis mil euros non é o valor real da cría de ameixa roubada aos mariscadores do pósito de San Antonio, en Cambados, porque a ameixa substraída da batea de preengorde podería multiplicarse por tres ou catro en base ao resultado dos plans de semente que...

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

La inmigración es responsabilidad del Gobierno, pero su única política conocida fue lasobreactuación que montó en Valencia en 2018 para recibir al Aquarius. Desde aquel“golpe de efecto” no se conocen medidas gubernamentales razonables para enfrentarse aeste...