Alfonso Rueda, na presentación do proxecto de sustentabilidade e innovación turística de Ribeira

01 Decembro 2021

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde Manuel Ruiz, participaron este 1 de decembro na presentación do proxecto impulsado polo Concello para optar aos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, contribucións promovidas pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation. A proposta ribeirense foi unha das consideradas aptas polos técnicos da Xunta e do Goberno central para optar aos recursos do Plan do Litoral no marco da convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSDT).

O Plan do Litoral suporá un investimento total de case 30 millón, destinados aos Plans de Sustentabilidade presentados por entidades locais e ás tres Accións de Cohesión en Destino desenvolvidas desde a Xunta.

No caso dos PSTD permitirán reforzar Galicia como destino seguro e sustentábel a través dos fondos Next Generation asignados á comunidade galega para o desenvolvemento de accións no litoral como a presentada por Ribeira.

Alfonso Rueda lembrou que os proxectos cumprían cos requisitos esixidos pola Estratexia de Sustentabilidade Turística en Destino da Secretaría de Estado de Turismo, isto é, transición verde e sustentábel, eficiencia enerxética, transición dixital, calidade e vocación turística do destino, ademais do carácter litoral do plan.

Os detalles da proposta de Ribeira

A proposta Ribeira, destino litoral sostible pretende a rexeneración e a posta en valor da contorna litoral do municipio abrindo Ribeira ao mar, coa creación de sendas peonís e ciclistas, ademais de apostar pola recuperación do patrimonio etnográfico e a creación de produtos turísticos que salienten os seus atractivos.

Entre as iniciativas máis destacábeis figura a creación do Museo do Mar, a posta en marcha dun corredor ecolóxico cicloturístico no litoral entre Santa Uxía de Ribeira e Ameixida, pasando por Castiñeiras e a Fonte Seca; a humanización de espazos de gran potencial turístico, como os exteriores do Faro de Corrubedo; a colocación estratéxica dun miradoiro e punto de interpretación da paisaxe en Punta Castro ou a reconversión da zona de San Roque nun parque periurbano.

O concello tamén botará man das novas tecnoloxías para a súa proxección turística. Así, no programa Ribeira, destino intelixente encádrase a creación dunha oficina de turismo virtual con alertas, aplicacións específicas e ferramentas dixitais. O proxecto complétase cun plan de sinalización integral dos recursos turísticos.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.