Acordo para xestionar o control das augas británicas

14 Decembro 2021

Antón Luaces.- Fumata branca no Reino Unido, na UE e, evidentemente, en Noruega. O Reino Unido pactou coa UE e Noruega novas cotas pesqueiras para o ano 2022. Nestas cotas inclúense seis tipos de especies diferentes en augas norueguesas do Mar do Norte que poderán ser capturadas dutante o vindeiro ano. Son 575.000 quilómetros cadrados de mar entre as costas de Noruega e Dinamarca no Leste, as das illas británicas ao Oeste, e as de Alemaña, os Países Baixos, Bélxica e Francia ao Sur, onde supostamente tamén poderán pescar os barcos españois.

Na súa condición de Estado costeiro independente (des que abandonou tras o brexit o bloco comunitario) o Reino Unido negociuo uns niveis de capturas que aseguran á industria británica un valor de aproximadamente 190 millóns de libras (222 millóns de euros), segundo un comunicado a tal efecto do Ministerio de Medio Ambente, Alimentación e Asuntos Rurais británico.

Para a secretaria de Estado británica de Pesca, Victoria Prentis, o seu Goberno defendeu un acordo “baseado nos mellores datos científicos dispoñibles”, coa fin de asegurarse de que “as poboacións (de peixe) están protexidas, polo interese da industria e dunha vida mariña saudable e viable”.Como xa é coñecido, en paralelo a esas negociacións sobre niveis de captura, Londres mantén unha desputa con París sobre as licencias de pesca da frota francesa en augas británicas. Unha tensión entre ambos os países que foi medrando durante os últimos meses.

Dependencias da Coroa británica -como a illa de Jersey na Canle da Mancha-  xa denegaron permisos a algunhas embarcacións francesas que non foron quen de demostrar que xa faenaban nesa zona antes do Brexit, o que elevou as tensións diplomáticas entre ambos os países.

A todo isto súmase a crise migratoria do pasado mes de novembro, na que varias persoas morreron cando tentaban cruzar a canle da Mancha.Sen acordo entre ambos os países polos niveis de captura, Reino Unido xa acadou para o vindeiro ano un acordo que lle permita, polo menos, faenar nalgunhas augas do norte de Europa.     

      

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...