A OPP83 debullou nunhas xornadas os principios básicos que cómpre seguir para garantir a máxima seguridade nos barcos

13 Decembro 2021

A OPP83, Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia, organizou este 13 de decembro unha xornada de reflexión dirixida a pór de relevo diferentes medidas que contribúan a mellorar as condicións laborais dos traballadores e traballadoras do mar. As Xornadas sobre Seguridade e Prevención a Bordo celebrouse no Centro Cultural Lustres Rivas e contou cunha nutrida participación de profesionais do sector e representantes das administracións e organizacións vencelladas ao mar. A inauguración correu a cargo do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, e da xerente da OPP83, María José Casais.

María José Casais e Manuel Ruiz na inauguración da xornada celebrada en Ribeira

A continuación foi a quenda de Bernardo Rodríguez, capitán da Mariña Mercante, quen analizou en profundidade que causa a maior parte dos naufraxios dos barcos de cerqueiros e os de arrastre. Unha análise onde quedou claro que “a estabilidade dos barcos é un dos piares fundamentais para garantir a seguridade dos mesmos”. Rodríguez engadiu que “a estabilidade é algo real e variábel” e que “esta variación inflúe de maneira positiva e negativa dependendo das decisións que se tomen”. Ademais, engadiu, “o manexo da tripulación tamén afecta e o caderno de estabilidade é unha guía que se debe de seguir de maneira correcta”.

Pola súa banda, Francisco Alonso, conselleiro técnico de Seguridade e Medio Ambiente do Ministerio de Fomento en Galicia, centrou a súa exposición en como a distribución dos pesos modifica a estabilidade dos barcos. Alonso deixou claro que “ a administración é consciente do que pasa pero non pode poñer un policía a bordo de cada barco, co cal, o armador ou patrón, ten que ser responsábel de todo o que se pon no buque co fin de garantir esa estabilidade”. Alonso insistiu en que “cada barco debera de ter en conta a capacidade e contidos técnicos que pode levar a bordo, amais de ter moi claros os seus límites”. Para isto dixo, “é moi importante o libro de estabilidade”. Como conclusión deixou claro que “se se cumpre a estabilidade dunha embarcación a súa seguridade está moito máis garantida”.

Na quenda dos relatores máis especializados no dereito, a avogada Bea Goicoechea, especialista de Amya Avogados na valoración de danos corporais derivados de accidentes laborais, foi clara á hora de afirmar que “a maior parte dos accidentes laborais son por fallos humanos”. Ante isto, Goicoechea dixo que é “clave 2a formación e información en prevención. A avogada viguesa engadiu que “nos barcos hai pouca cultura preventiva e isto é algo que cómpre cambiar”. Esta formación, dixo, “tense que dar no momento da contratación e débese renovar unha vez ao ano”.

O último relator da xornada foi o avogado Alberto Penelas, especialista en dereito marítimo en Amya Avogados, quen centrou a súa intervención nas pólizas dos barcos e quen deixou patente que “un buque en bo estado, a dotación axeitada e unha carga ben distribuída forman os tres parámetros que confirmar a navegabilidade do buque”. Penelas enumerou os distintos seguros necesarios a día de hoxe e as claves para cumprir coas esixencias por lei.

A vindeira semana, o luns 20 de decembro, a Cooperativa Galega do Mar Santa Eugenia, celebrará as Xornadas Fiscalidade na pesca: bonificacións ao combustíbel, uns encontros programados para ser achegados vía streaming e que contarán coa participación da portavoz socialista da Comisión de Pesca e Deputada no Parlamento Europeo, Clara Aguilera, e do profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC e membro do Consello Director da Asociación Europea de Economistas Pesqueiros, Gonzalo Rodríguez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

Una guía del Ayuntamiento de Barcelona dirigida a los centros educativossugiere no bailar ni poner música durante el Ramadán, porque “algunaspersonas musulmanas pueden considerar la música o la danza como unaactividad no idónea”. Más allá del contenido concreto de la...

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

Non á guerra, debe ser algo máis que un slogan ou unha apostila electoral. Os gobernantes, responsables políticos, institucións e organismos internacionais así como a propia cidadanía temos que ser conscientes de que queremos un mundo en paz, libre de guerras e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.