Ribeira dá a coñecer as bases do Concurso de Nadal 21-22 nas modalidades de cartel e postal felicitación

22 Novembro 2021

BASES REGULADORAS DO CONCURSO DE NADAL 2021-2022 NAS MODALIDADES DE CARTEL E DE
POSTAL FELICITACIÓN.

1.- OBXECTO E FINALIDADE
Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios de participación no concurso de Nadal, nas
modalidades de deseño do Cartel do programa e da Postal felicitación de Nadal organizado polo concello
de Ribeira.
2.- REGULAMENTO PARA A PARTICIPACIÓN
2.1.- Modalidades dos distintos concursos:

  1. Deseño de Cartel do programa de Nadal
  2. Deseño da Postal felicitación de Nadal
    2.2.- Funcionamento:
  • Nas modalidades de deseño do cartel de Nadal e de deseño da Postal de Nadal poderán participar todas
    as nenas e os nenos empadroados no municipio de Ribeira que estean escolarizados nos niveis de infantil e
    primaria dos centros escolares do Concello de Ribeira. De forma excepcional tamén poderán participar, as e
    os menores de idade que cursen estudos en infantil e primaria na actualidade en calquera centro educativo
    do municipio aínda que non estean empadroados no concello de Ribeira.
  • Cada neno/a só poderá participar cunha creación en cada modalidade: cartel e postal.
  • O tema da obra deberá estar relacionado co Nadal.
  • A obra, que deberá presentarse sen texto ningún, presentarase en cartolina ríxida ou material
    semellante. O tamaño non poderá ser maior dun A-3 nin menor dun A4. A técnica libre: cera, colaxe,
    acuarela, rotuladores, témpera…
  • As obras deben ser orixinais e inéditas, polo tanto non poden ser obxecto de ningún outro premio, nin ser
    publicadas ou presentadas noutros concursos.
  • Cada traballo asinarase con pseudónimo. Xunto co traballo entregarase un sobre pechado co mesmo
    pseudónimo e a idade do concursante indicados no exterior. No interior o sobre conterá: o nome e apelidos
    da nena ou neno, data de nacemento, curso e centro de ensino, lugar de residencia así como teléfono de
    contacto dos seus proxenitores/titores legais. Este sobre presentarase pegado pola parte posterior do
    traballo.
  • Calquera traballo que non presente as características esixidas quedará fóra do concurso.
    -De consideralo factible, poderase realizar unha mostra con todos os traballos presentados, que poderá ser
    exposta de xeito tradicional ou dixital a través dos distintos medios, o cal será comunicado publicamente
    no seu momento.
    2.3.- Prazo:
  • As obras orixinais xunto co sobre de datos, deberán remitirse ata o día 30 de novembro de 2021, ao Centro
    Cultural Lustres Rivas (R/Manuel Lustres Rivas, 20, 2o andar, dereita, CP 15960, Ribeira), podendo tamén ser
    entregadas de xeito presencial en horario de 9 a 14h.

3.- PREMIOS
Establécese un único premio de 150 € para o gañador do concurso na modalidade de cartel de Nadal
distribuído nos seguintes bonos: 100€ para gastar en MILAR SAMPEDRO e 50€ en LIBRERÍA MIRÁS.
Establécese un único premio de 150€ para o gañador do concurso na modalidade de postal de Nadal
distribuído nos seguintes bonos: 100€ para gastar en DAGA SPORT e 50€ en LIBRERÍA MIRÁS.
3.1.- Caducidade de premios:
No suposto de que algún premios non fosen recollidos na Concellería de Cultura antes do prazo dun mes
dende a comunicación dos agraciados, perderán a súa validez e non serán entregados ás persoas
interesadas. As persoas gañadoras terán que canxear os bonos nos establecementos sinalados como
máximo ata o 31 de xaneiro de 2022.
4.- XURADO
O xurado estará composto por tres persoas vinculadas a Cultura e pola concelleira desta área ou a persoa
en quen delegue. A decisión do xurado será inapelable.
A decisión do xurado poñerase en coñecemento do centro de ensino da nena ou neno galardoado, ou
comunicarase por teléfono aos proxenitores/titores legais no seu caso, o día 3 de decembro, organizando
un acto público ao longo do mes de decembro para a entrega dos premios.
5.- ACEPTACIÓN DAS BASES E AUTORIZACIÓNS EN CANTO Á L.P.D.
A mera participación nalgunha das modalidades deste concurso supón a aceptación plena de todas as
bases, así como a autorización á entidade organizadora a empregar a imaxe e datos das persoas gañadoras
no concurso para os efectos de publicidade do resultado do mesmo.
Así, aos efectos do establecido na Lei Orgánica 3/2018 de protección de datos e RGPD, o Concello de
Ribeira comunica que estes datos de carácter persoal forman parte dun ficheiro na área de Cultura,
podendo exercitar os seus dereitos ARCO na seguinte dirección de correo postal: Praza do Concello, s/n, CP
15960, Ribeira (A Coruña).
O incumprimento dalgunha destas bases supón a privación de todos os dereitos que poidan derivar da
participación da campaña.
No caso de que algunha persoa premiada ou agraciada renuncie a algún premio deberá formalízalo por
escrito na Concellería de Cultura no mesmo prazo fixado para a reclamación dos premios; unha vez
rematado o prazo, todos os premios e vales/bonos do sorteo non canxeados perderán a súa validez e non
poderán ser reclamados.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...