Prosperan en Outes, Lousame, Muros e Noia propostas do BNG a prol do modelo da Mancomunidade Serra do Barbanza

29 Novembro 2021

O BNG vén de pór en marcha medidas para defender e reivindicar o modelo de reciclaxe e proximidade que defende, fronte á incineración de SOGAMA, a Mancomunidade Serra do Barbanza. Fíxoo en Outes (onde se acordou comezar os trámites para a adhesión do municipio á Mancomunidade Serra do Barbanza) e en Lousame, Muros e Noia (concellos nos que se sentaron os alicerces para instar aos grupos do Parlamento galego a que inclúan a compra dunha máquina volteadora nos orzamentos da Xunta).

En Outes

“Que o Goberno local faga os trámites necesarios para que o concello de Outes se incorpore á Mancomunidade Serra do Barbanza para a xestión de residuos e abandone SOGAMA”. Este foi o acordo que levou o BNG á sesión plenaria de Outes neste mes de novembro. Dito acordo foi matizado cunha emenda do Partido Popular de Outes na que se pedía que previamente se realizasen as consultas necesarias para coñecer as condicións de entrada do municipio na mancomunidade, esta emenda foi aceptada polos nacionalistas.

A proposta saíu adiante coa abstención de Compromiso por Outes e o voto favorábel do resto de grupos, dando así comezo “ao proceso para unha potencial adhesión do municipio á Mancomunidade”.

En Lousame, Noia e Muros

A maiores do devandito, o BNG levou propostas relativas á Mancomunidade ás sesións de Lousame, Noia e Muros que tamén saíron adiante. Nestes casos relativas á inclusión nos Orzamentos da Xunta da adquisición dunha máquina volteadora para a planta de reciclaxe de Servia (Lousame), “necesaria para unha óptima elaboración e estabilización do compost producido no complexo ambiental da Mancomunidade”.

A adquisición da máquina, que non conseguiu pasar os trámites do Congreso dos Deputados e ser incluída nos Orzamentos do Estado debido aos votos en contra do Goberno de PSOE e UP, terá unha nova oportunidade de saír adiante nos orzamentos galegos, motivo polo cal BNG pediu que o investimento sexa apoiado polos diferentes grupos parlamentarios.

A proposta dos nacionalistas foi aprobada por unanimidade en Lousame, municipio onde reside a planta de reciclaxe. En Noia e Muros tamén foron aprobadas polas dúas corporacións “malia as reticencias do PP”, sinala o BNG. No caso de Muros, tamén se acordou entre os diferentes grupos engadir un acordo para “instar ao Ministerio de Transición Ecolóxica a elaborar un informe sobre a

viabilidade do sistema de recollida de lixo da Mancomunidade Serra do Barbanza e de SOGAMA”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.