Convocadas axudas pola Xunta o sector pesqueiro para a formación dos profesionais do mar e a remuda xeracional

18 Novembro 2021

O Consello da Xunta analizou hoxe un informe sobre a orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de 2021 de axudas para accións formativas que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro. Esta convocatoria, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia esta semana, é a primeira vez que se realiza e conta cun orzamento de preto de 890.000 euros a repartir entre as anualidade 2021 e 2022 co obxectivo de favorecer a mellora da capacitación dos profesionais do mar e a remuda xeracional no sector.
Destas achegas, que están cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), poden beneficiarse as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións profesionais do sector e as demais entidades asociativas de profesionais do sector pesqueiro con sede social en Galicia, que poden concorrer tanto de xeito individual como conxunto.

Este novo modelo de apoios vén a complementar a formación que se imparte nos portos e pretende favorecer unha mellor adaptación dos cursos ás necesidades dos seus destinatarios pois as confrarías ou entidades asociativas do sector -como promotores da formación- poderán adecuar o desenvolvemento das actividades formativas ás datas e
horarios que mellor se axusten ao labor dos profesionais da súa área de influencia. Un modelo que xa foi exposto a semana pasada aos representantes do sector nun encontro con técnicos na Consellería do Mar.
A finalidade é impulsar a competitividade do sector extractivo, mellorar as capacidades dos traballadores do mar para facilitar a súa aprendizaxe permanente, a súa integración en actividades complementarias da pesca e reducir os accidentes no sector así como favorecer a remuda xeracional mediante a formación de novos profesionais que se
incorporen ás actividades marítimo-pesqueiras. Trátase de actuacións que contribúen a impulsar o sector, xerar emprego e riqueza nas zonas costeiras e mellorar o conxunto da economía de Galicia.
A orde establece que a intensidade das axudas pode acadar o 100% do investimento subvencionable e aos importes directos subvencionables poderanse engadir en concepto de custos indirectos o 7% dos custos directos, sufragados con fondos propios da comunidade autónoma, co obxectivo de compensar os gastos nos que incorren as entidades do sector para a organización das accións formativas.
A convocatoria establece que poden ser obxecto de subvención proxectos e actividades formativas que se desenvolvan en Galicia e dirixidas maioritariamente a pescadoras e pescadores profesionais, os seus cónxuxes ou parellas de feito e pescadoras e pescadores por conta propia así como, nalgún caso, a calquera persoa que se estea
preparando para acceder ao sector pesqueiro.
Actividades subvencionables
As accións a desenvolver poden ser cursos de formación específica marítima e náutico- pesqueira para o sector -os que requiren os profesionais do mar de xeito continuo-, cursos de mariñeira ou mariñeiro pescador -dirixidos a todo tipo de persoas que queren entrar no sector, polo que son fundamentais para a remuda xeracional-, actividades de mellora das competencias dixitais ou de xestión sustentable dos recursos e ecosistemas mariños.
A eles engádense, entre outros, os de innovación, xestión empresarial, emprendemento, comercialización e seguridade alimentaria, igualdade de oportunidades no sector, seguridade e hixiene no traballo, lexislación e xestión ambiental, transferencia tecnolóxica, seminarios, xornadas ou obradoiros en materia de pesca e marisqueo.
Os interesados en solicitar as axudas poden consultar os requisitos e a documentación necesarios na orde que publicou o DOG o pasado luns. Para esta convocatoria o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o martes e deberá facerse por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...