Barbantia celebrará en Outes, o 18 de decembro, a entrega dos seus premios anuais e a presentación do novo anuario

19 Novembro 2021

O vindeiro 18 de decembro vaise celebrar na Casa da Cultura de Outes a presentación do volume número 17 do anuario Barbantia (Anuario de Estudos do Barbanza 2021), a cargo da asociación cultural do mesmo nome.

A cita será ás 12.30 horas e dará acollida, tamén, á gala dos XV Premios Barbantia da Cultura 2021, galardóns elixidos a través dos votos das e dos integrantes da asociación até o 10 decembro (as persoas e entidades finalmente distinguidas co sereo de Barbantia sairán dunha listaxe na que aparecen os artistas, escritores, axentes culturais e iniciativas nomeados previamente polas socias e socios).

Barbantia tamén fai saber que este 19 de novembro estará representada no Centro Cultural Lustres Rivas do Concello de Ribeira para participar directamente na presentación do poemario Trobar do ar, de Xosé Manuel Lobato, ás 20.30 horas.

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.