A Pobra aprobou as propostas económicas que levou ao pleno o equipo municipal

11 Novembro 2021

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou na xornada de onte, mércores 10, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:

  1. Aprobación de suplemento de crédito 02/21 – Gastos correntes e financeiros, con financiamento a cargo do remanente de tesourería do ano 2020. Aprobado con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
    e 5 en contra (PP). Unicamente este punto da orde do día contou coa ausencia do concelleiro José Andrés Lojo (Nós Pobra).
  2. Aprobación de crédito extraordinario 04/21 – Investimentos financiados con endebedamento. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
  3. Aprobación de crédito extraordinario 05/21 – Gastos correntes e investimentos con financiamento a cargo do remanente de tesourería do ano 2020. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
    e 5 en contra (PP).
  4. Aprobación de crédito extraordinario 06/21 – Aprobación dunha subvención con carácter nominativo á Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal, para gastos relacionados coa posta en funcionamento dun artefacto flotante destinado a preengorde de semente de bivalvos, con cargo ao remanente de tesourería do ano 2020. Aprobado por
    unanimidade.
  5. Aprobación de crédito extraordinario 07/21 – Aprobación dunha subvención con carácter nominativo ao Club de Remo Puebla para a organización da regata I Bandeira de traiñeiras “O camiño do Barbanza. A orixe”do ano 2021, con cargo ao remanente de tesourería do ano 2020.
  1. Aprobación de suplemento de crédito 03/21 – Aprobación de subvencións nominativas a entidades deportivas e de educación, con financiamento a cargo do remanente de tesourería do ano 2020 e aprobación de subvencións nominativas. Aprobado por unanimidade.
  2. Aprobación da solicitude dunha subvención nominativa á Excma. Deputación para o proxecto de Dinamización do Espazo Colaborativo Coworking Pobra. Aprobado por unanimidade.
  3. Aprobación do expediente 2627/2021, relativo á imposición de penalidades por demora na execución do contrato de subministración para a execución do denominado “proyecto de renovación y adaptación al reglamento de eficiencia energética, R.D. 1890/2008, de los alumbrados públicos en el ayuntamiento de A Pobra do Caramiñal (exp. 4005/2018)”.
    Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...