A Comunidade de Montes de Baroña informou á veciñanza sobre o regulamento nas faixas secundarias

09 Novembro 2021

O pasado xoves 4 de novembro a sede da Comunidade de Montes de Baroña acolleu unha reunión informativa coa veciñanza da parroquia sobre as obrigas e dereitos relativas á xestión da biomasa forestal nas faixas secundarias, que é o ámbito que comprende os 50 metros dende o límite das aldeas e nas que, segundo informaron os responsábeis da Comunidade, “non pode haber especies forestais como pino, o eucalipto ou as acacias”. Ademais, sinalaron, ditos terreos deben estar rozados antes do 30 de marzo de cada ano.

Na cita tamén participaron técnicos da empresa SEAGA, que responderon ás preguntas dos veciños sobre as ditas obrigas e dereitos. Asemade, acudiu á reunión o responsábel de Medio Ambiente do Concello de Porto do Son, Manel Deán, que tamén contribuíu a resolver as dúbidas da veciñanza.

Os asistentes puideron visualizar, coa axuda do computador, as súas fincas ditas dentro deste ámbito de protección contra incendios forestais, e mesmo se lles axudou a cubrir unha instancia para facer alegacións sobre as parcelas e o seu estado ao Concello de Porto do Son xustificando o cumprimento da obriga establecida ou mesmo corrixindo erros. Ou sexa, se os terreos son de labradío, se conta con froiteiras, se mostra un erro catastral, etc.

Outros artigos

Esta fin de semana celébranse as festas de San Pedro de Muro (O Son)

Esta fin de semana celébranse as festas da parroquia de San Pedro de Muro, no Porto do Son, unhas celebracións que comezaron este venres 28 de agosto cunha misa na honra do Corazón de Xesús ás 13.00 horas acompañada pola música tradicional galega do grupo de gaiteiros...

+

No Porto do Son os maiores poderán formarse en tecnoloxías este outono

O Concello do Porto do Son vai comezar o curso con formación tecnolóxica para a poboación sénior do termo municipal destinado a fomentar a súa autonomía e a súa capacitación dixital. En concreto, farao co Curso de dixitalización para persoas maiores, organizado xunto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.