Volven en Boiro, tralo revés da COVID, os Premios ABE á Excelencia Empresarial

19 Outubro 2021

Trala pausa da COVID que obrigou a adiar a celebración dos Premios ABE á Excelencia Empresarial, a patronal boirense retoma este outono os galardóns destinados a visualizar e reivindicar o espírito emprendedor, innovador e resistente das e dos integrantes da asociación. O obxectivo: elixir a mellor empresa e o mellor comercio de 2021 en Boiro.

O certame vén este ano con varias novidades a ter conta. Por exemplo, non se saberá o nome da empresa e comercio distinguidos até o día da gala de entrega de premios (os 3 mais votados de cada categoría serán finalistas e será na gala cando se desvele o nome dos gañadores). Os finalistas tamén recibirán un recoñecemento.

Por outra banda, a ABE fai saber que nesta edición implantará un novo premio honorífico que elixirá a directiva da asociación. Nesta categoría destacase ao empresario ou empresaria cuxa xestión representara “un exemplo para o emprendemento da localidade e que a empresa tivera xerado riqueza e emprego en Boiro”.

A deste ano celebrarase na Pousada da Galiza Imaxinaria. A ABE explica que se elixiu A Pousada como sede por dous motivos: para ter mais aforo, poder gardar distancia de seguridade entre os asistentes e como mostra de apoio ao sector do ocio nocturno, un dos mais danados pola COVID.

-O prazo de votacións vai do 19 de outubro ao 8 de novembro.

-O 9 de novembro anunciaranse os finalistas e o premio de honra.

-A gala desenvolverase o xoves 18 de novembro a partir das 20:30 horas na Pousada da Galiza Imaxinaria.

-Na gala contarase coa presenza dun monologuista e presentador a xeito de mestre de cerimonias, photocall, música, comida e bebida para “celebrar a gran festa dos socios e socias da ABE”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.