Vinte mozas e mozos e Ribeira e o Son comezan a súa formación no Obradoiro de Emprego Tahume VII

22 Outubro 2021

Os Concellos de Ribeira e Porto do Son inauguraron este 22 de outubro a sétima convocatoria do Obradoiro de Emprego Tahume, iniciativa conxunta dos dous Gobernos municipais para achegar formación laboral práctica á mocidade local para incrementar as súas posibilidades de atopar un posto de traballo. Segundo fixeron saber, un total de vinte veciños de Ribeira e Porto do Son (dez homes e dez mulleres) principiaron a súa andaina no obradoiro, centrándose, desta volta, nas especialidades de pintura industrial en construción e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, con dez alumnos en cada unha delas.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e o segundo tenente de alcalde de Ribeira, Emilio Pérez, presentaron na Casa de Cultura de Xuño os detalles desta iniciativa que está co-financiada pola Xunta de Galicia e que ten un carácter dual, configurándose como un programa mixto de formación e emprego cunha duración de nove meses.

Ademais, engadiron, “os labores desenvolvidos por estes vinte alumnos-traballadores repercutirán positivamente nos dous concellos”. Así, no que se refire a Ribeira está previsto desenvolver traballos que redunden na conservación e mellora do monte de San Alberte e, por outra parte, o alumnado de pintura industrial efectuará entre outras accións o pintado da fachada do colexio de Artes, e o pintado do aparcamento do complexo da Fieiteira, amais da impemeabilización e pintado dunha praza na avenida da Coruña.

No que respecta ao municipio sonense, entre outras accións prevese o pintado das fachadas do Edificio de Usos Múltiples, o Viveiro de Empresas, o Cemiterio Municipal de Porto do Son ou o Centro de Saúde de Portosín, así como a mellora de masa arbórea en Miñortos, Goiáns, Baroña, Castro, Madalena e o lugar de Ponte Medieval. Tamén se contratou para o obradoiro un equipo docente formado por unha directora, dous mestres, unha titora e unha auxiliar administrativo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...