Ribeira principia o expediente para destinar o inmoble da comisaria actual a servizo docente

27 Outubro 2021

O Concello de Ribeira informa de que, tal como sae anunciado no BOP de hoxe, vense de iniciar o expediente para proceder á mutación demanial ou cambio de destino do inmoble da actual Comisaría de Policía Nacional, sito na
rúa Miguel Rodríguez Bautista, unha parcela de titularidade municipal.
Neste senso, ábrese un período de exposición pública dun mes para a presentación de posibles alegacións. A intención é destinar este inmoble a un servizo público docente e permitir deste xeito a ampliación do CEIP O Grupo, colexio que linda co anterior.
Cómpre lembrar ao respecto de que está a piques de rematar a construción da nova Comisaría, situada na contorna do Touro, moi preto do inminente Punto de Encontro Familiar do Barbanza.

Ribeira Comisaria actual e Grupo Escolar

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.