Proveitosa xornada de confraternización do obradoiro O POTE II co Ciclo de elaboración de produtos alimentarios do CIFP Coroso

O alumnado do programa de emprego O Pote II e o segundo curso do ciclo medio dual de Elaboración de Produtos Alimentarios do CIFP Coroso viviron esta mañá unha proveitosa cornada de confraternización nestas últimas instalación coa fin de compartir experiencias e puntos de vista na preparación dun alimento como é a elaboración de mexillón en conserva.
Ao igual que a xornada de showcooking levado a cabo días atrás na Escola Municipal de Hostalería, a nova actividade celebrada nos talleres do CIFP Coroso contaron coa colaboración do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, que apotou a materia prima empregada na preparación de mexillóns en escabeche e en salsa de vieira.
A parte da maquinaria empregada na súa elaboración, como pode ser a pechadora ou o autoclave, os alumnos e alumnas cubriron partes de elaboración para rexistrar os parámetros máis importantes no proceso, e tamén ver os controis necesarios para garantir un produto de calidade.
O alumnado tamén tivo a oportunidade de visitar a nova aula tecnolóxica do centro de FP que conta cun laboratorio de biotecnoloxía e microbioloxía, financiado polo Plan estratéxico da Formación Profesional do Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Xunta de Galicia. Dito laboratorio consta, entre outro equipamento de vangarda, dun termociclador para levar a cabo PCRs e un biorreactor para o cultivo de microorganismos e produción de encimas e aditivos; complementando o laboratorio xa existente no CIFP Coroso de análise físico-químico de alimentos, o que dota a este centro cun espazo único para a formación dos futuros traballadores do sector na zona.