Os socialistas de Ribeira achegan unha proposta para solucionar os problemas da rúa Correos

06 Outubro 2021

Os socialistas de Ribeira, da man do concelleiro José Manuel Suárez-Puerta Sirgado, presentaron un novo requirimento ao Concello para que sexan solucionados de urxencia os problemas de salubridade e accesibilidade que presenta a rúa Correos. A petición, que será tratada no pleno da Corporación, pon o foco no estado no que se atopa a dita vía, “un estado de deixamento e abandono que a converten nun lugar sucio, cheo de maleza e mesmo perigoso para andar por ela”, sinala o PSOE de Ribeira, engadindo que recentemente tivo noticia dun accidente ocorrido a unha persoa que circulaba por ela e que debido ao mal estado do pavimento e á mala iluminación terminou nun contratempo que “afortunadamente e só grazas á casualidade, non rematou de xeito tráxico”.

O Grupo Municipal Socialista presentou nesta lexislatura unha proposta, que non foi aprobada, solicitando a finalización da rúa “executando a fianza da obra existente”, que fai esquina coa rúa de Lugo e que, sinalan, “atópase en estado de abandono”. Os socialistas indican que a estrutura está finalizada até a altura da calzada da rúa Correos, polo que o recheo da gabia existente tras o valo e a

retirada da mesma até aliñala coa estrutura “é posíbel”, explican, engadindo que con esta solución a rúa “pasaría a converterse en zona de paso e de uso e goce dos veciños da zona”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...