Os problemas no servizo de transporte en solución trala xuntanza con Monbús dos alcaldes de Ribeira e o Son

13 Outubro 2021

Os alcaldes de Porto do Son e Ribeira, Luis Oujo e Manuel Ruiz, mantiveron esta mañá no consistorio da capital barbanzá unha reunión co presidente de Monbus, Raúl López, así como con outros representantes da compañía de autobuses, no ánimo de identificar e atopar solucións aos diversos problemas e reclamacións producidas dende a posta en marcha desta concesión.
Foi esta unha reunión moi frutífera, de dúas horas de duración, que ten un carácter preliminar á que a semana que vén manterán os alí presentes coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta.
Así, entre as cuestións estudadas figura o servizo de transporte a Santiago de Compostela que habitualmente utilizan estudantes universitarios e usuarios do Hospital Policlínico. A este respecto, a intención é propoñer á Consellería un número de frecuencias diarias cuxo tempo de viaxe non exceda dos 70 minutos contados dende Santa Uxía.
Ademais, co afán de resolver as carencias nas parroquias sonenses, proporase a creación de novas frecuencias Son-Noia e Son-Ribeira con independencia das xa existentes.
Tocante a Ribeira, preténdese reforzar o servizo naquelas horas punta en que coincide o transporte de estudantes dos institutos co transporte de pasaxeiros, ademais de mellorar outras frecuencias e a puntualidade dos horarios.
Por último, tamén se incidiu en que se buscará a fórmula máis axeitada para proporcionar transbordos rápidos a aqueles estudantes universitarios que precisan desprazarse a Coruña e Vigo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.