O Polígono de Xarás vaise ampliar trala autorización da Xunta

30 Outubro 2021

A Xunta autorizou o cambio de uso do solo rústico de protección forestal que permitirá a ampliación do polígono industrial de Ribeira para acoller novas instalacións e favorecer así o incremento do emprego e a creación de riqueza neste municipio. Este cambio está incluído na modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) -cuxa tramitación deberá ser rematada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, tras esta autorización- e prodúcese despois de constatar que existen razóns de interese público derivadas de necesidades de ordenación e xestión sustentable do territorio. A aprobación da modificación do PXOM permitirá satisfacer a alta demanda de solo para uso industrial neste concello, tendo en conta que o polígono está totalmente ocupado, e posibilítase así o desenvolvemento dun novo espazo industrial que responda a esta demanda.
Neste caso, o cambio faise en aplicación do disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que atribúe ao Consello da Xunta a competencia da autorización dos cambios de uso forestal a outros usos non agrarios naqueles terreos forestais onde se produciu un incendio forestal, durante trinta anos desde que este se produciu. Neste
sentido, a devandita lei establece, no seu artigo 59.4, que “con carácter singular, de forma excepcional, cando concorresen razóns de interese público derivadas de necesidades de ordenación e xestión sustentable do territorio, o Consello da Xunta, mediante acordo motivado, poderá autorizar a tramitación de cambios de uso forestal”.
Cómpre indicar que nesta ocasión estamos diante dunha modificación puntual dun instrumento de planeamento promovida por un concello, e non por un particular, que parte de necesidades constatadas de solo industrial e que considera amplas clasificacións de solo rústico en compensación ao novo solo industrial.
Ademais, este cambio ten garantido, no proceso de avaliación estratéxica, a axeitada integración dos aspectos ambientais co desenvolvemento económico equilibrado e sustentable do territorio, a cohesión social e a mellora da calidade de vida da poboación e a utilización racional do territorio e a sustentabilidade ambiental, en coherencia co
modelo territorial que establecen as directrices de ordenación do territorio (DOT).
Trátase, pois, dun procedemento que se leva a cabo de acordo co que establece a normativa para casos de interese xeral coma este.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...