O Pleno de Rianxo expresa o seu apoio á comunidade Educativa

30 Outubro 2021

O Pleno da Corporación de Rianxo reunido en sesión ordinaria o xoves 28 de outubro por unanimidade expresa o seu apoio a toda a comunidade educativa do C.R.A. de Rianxo, ás familias, aos alumnos e alumnas, ao profesorado e ao equipo directivo do centro en todas as actuación que están a desenvolver para manter a oferta educativa e o catálogo de unidades e postos de traballo docentes.

Pola Orde de 22 de xullo de 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publicada no DOGA de 6 de Agosto de 2021, modificábase a relación de unidades e postos de traballo do C.R.A. de Rianxo, suprimindo dúas unidades de E. Primaria e tres postos traballo docentes, dous da especialidade de Educación Primaria e un de Pedagoxía Terapéutica.

Pola información que ten a corporación esta modificación non se fixo efectiva no curso 2021-22 e a administración educativa ten expresado ao equipo directivo do centro a súa intención de reverter o previsto na orde ao obxecto de deixar sen efecto a modificación prevista no DOGA de 6 de Agosto de 2021.

A Corporación de Rianxo expresa a súa satisfacción porque a Administración Educativa teña comunicado  a súa intención de reverter o contido previsto na referida orde no que ten que ver co C.R.A. de Rianxo.

Reitera o seu apoio a cantas actuacións se emprendan dende o centro educativo ao efecto de manter e se é posible mellorar a oferta educativa e as dispoñibilidades de profesorado.

A Corporación de Rianxo identifícase  e comprométese co modelo educativo que encarna o C.R.A. de Rianxo, polos valores nos que se sustenta: proximidade ás familias e ás parroquias e modelo  aberto á comunicación e interacción coa contorna.

Pleno do Concello Rianxo, arquivo

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...