O Noia venceu ao Alondras (2-1)

13 Outubro 2021

O equipo revelación da Terceira Federación continúa sorprendendo a propios e extranos. O Noia voltou a gañar e fíxoo contra un contrastado equipo como Alondras, por 2-1, que lles permite seguir soñando con aspiracións máis altas que ao comezo de tempada.

Comezaba o encontro con moito respeto entre ámbolos dous conxuntos, que querían crear perigo a través da posesión, o que provocou que apenas existisen ocasións claras nos primeiros 45 minutos. Sen embargo, no minuto 48 Mario Prol, o mellor do encontro, meteu un balón ao espazo para Sayés que ao adentrarse no área foi derribado, penalti. Prol, o xoven xogador do Noia de 19 anos, tomou a responsabilidade e anotou, 1-0.

Tralo paso por vestiarios o árbitro aumentou a polémica logo de sinalar unha pena máxima máis que dubidosa a favor do equipo visitante, que Mauro aproveitou para poñer o empate a 1. A partir dese moment só existiu un equipo sobre o verde e foi o Alondras que veu como se lle escapaban as oportunidades. Pero qeun perdoa págao, e así o demostrou o Noia, que nos últimos minutos recompúxose para asestar o golpe definitivo. Pablo Carro meteu un pase a Jesús Sayés que non perdoou para poñer o definitvo 2-1.

Con este triunfo o Noia sitúase na sexta posición con 10 puntos nas primeiras seis xornadas. O vindeiro domingo visitará á UD Somozas, que marcha segunda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.