O BNG solicita mellorar o camiño ao río en Axeitos

06 Outubro 2021

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira vén de emitir un comunicado no que reflicte as peticións da veciñanza de Axeitos, que, segundo apuntan os nacionalistas, precisan que se arranxe o acceso ao paseo fluvial do río Artes-Sanchanás dende o devandito lugar da parroquia de Oleiros.

Os nacionalistas explican que, malia estar sinalizado, “o camiño tan só ten unha parte pavimentado con cemento e outra parte está nun estado intransitábel, pois, é unha lameira que recolle a auga que vai da fonte”. Así, indicou o voceiro do BNG Xosé Vázquez Cobas, “a non ser que se vaia con botas de auga, é imposíbel achegarse ao río, e se no verán xa é difícil acceder, en tempo de chuvia faise imposíbel”.

Desde o BNG apuntan que a veciñanza “leva tempo demandando algunha actuación que mellore este camiño pero o Goberno local fai oídos xordos ás peticións que se lle fan”. O voceiro criticou ao Concello porque considera que “esquece as necesidades das parroquias e centra o gasto en cementar o centro urbano ribeirense”. E engade: “Desde o BNG entendemos que estas pequenas cuestións deberían ser atendidas polo Executivo local de maneira prioritaria porque supoñen molestias importantes que padece a veciñanza do rural e que, con pequenos investimentos e actuacións, se poden solucionar”.

O BNG insta a que “se canalice a auga e se estude algunha pequena actuación que permita dar solución ao problema descrito sen máis demoras no tempo”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.